martes, 5 de junio de 2012

Movementos pendulares en Valdoviño


  Imos comentar nesta entrada, como xa comentamos co municipio de San Sadurniño, os movementos que realiza a poboación cara outros municipios con fins laborais. Primeiro de nada imos recordar para qué utilizamos o concepto de movementos pendulares, movementos residencia/traballo ou commuting. Os movementos pendulares serven para comprobar as relacións que existen entre un municipio e outro, neste caso a nivel de movementos diarios de poboación, para poder definir mediante métodos estadísticos se un municipio encádrase dentro da área de influencia doutro máis grande, normalmente unha cidade media ou grande. Neste caso a cidade sería Ferrol. Se os movementos de poboación son importantes (e isto depende dos umbrais que consideremos) podemos concluir que un municipio se encontra inmerso na área metropolitana do municipio maior.
  Se acudimos ao IGE para mirar os datos, éstos indícanos o seguinte:
  O número de persoas que realiza unha o máis viaxes diarias ao lugar de traballo, son 1684. Tendo en conta que o municipio de Narón é colindante e que o de Ferrol atópase a uns 4 km, podemos pensar que os desprazamentos poderían facerse facilmente en menos de 10 minutos. O problema é que o núcleo de poboación máis importante de Valdoviño encóntrase a 13 km do núcleo urbano de Ferrol. Esta distancia leva algo menos de 20 minutos percorrela. Dentro desas case 1700 personas que se desprazan diariamente,  322 tardan menos de 10 minutos, có que en principio non as imos contabilizar como commutadores posto que o máis probable e que se trate de movementos interiores e non de movementos cara a municipios veciños, se ven é certo que moitos deles seguramente se dirixan a traballar a Narón ou incluso a Cedeira.
Contabilizaremos como commutadores a Ferrol aqueles que tarden entre 10 e 30 minutos a acudir ao seu traballo. Neste umbral encontrámonos con 1202 personas, una cifra relativamente elevada. E, como xa dixemos na entrada homóloga de San Sadurniño, habería que engadir as persoas que se moven cara Ferrol por actividades de ocio, compras, etc.
  No caso de Valdoviño nos atopamos claramente con movementos residencia/traballo que indican que, de existir un área metropolitana, claramente Valdoviño estaría encadrada dentro da mesma. O elevado número de persoas que se desprazan diariamente indícanos que moitas persoas mudaron a súa primeira residencia cara este municipio, sen dúbida polos súas virtudes paisaxísticas. Non debemos olvidar que Valdoviño é un municipio con vocación claramente turística. Para corroborar o que podemos sacar destes datos, cómpre falar con persoas autorizadas. Nas seguintes entradas, tentaremos falar con Jose Antonio Vigo Lago, alcalde de Valdoviño, e con algún conmutador que nos poida falar un pouco de cales son as consecuencias económicas e sociais, básicamente, de este novo tipo de poboamento rural.

No hay comentarios:

Publicar un comentario