lunes, 4 de junio de 2012

Conclusions San Sadurniño

Castelo de Narahio en San Sadurniño
  San Sadurniño ten en definitiva unha posición privilexiada. Como nos indicaba Ignacio, o feito de que estexa atravesada pola autovía Ferrol-Vilalba o a líña de ferrocarril de Feve Ferrol-Gijón, e incluso por una futura vía rápida transcantábrica, parece favorecer esta teoría.
  A proximidade de Ferrol debería supoñer un crecemento demográfico importante. Sen embargo isto non foi así e a explicación máis probable e que a poboación deste municipio está tan envellecida que, por moita poboación que elixa San Sadurniño para asentar a súa vivenda principal, o crecemento natural é negativo e a poboación total do municipio mantense estancada ano tras ano. Pero a realidade é que cada vez hai máis poboación de fóra, que reside no municipio pero que traballa nalgún dos municipios próximos, como xa vimos na entrada correspondente. 
  Este proceso ten unhas consecuencias económicas e sociais moi importantes. Esta primeira xeración de habitantes foráneos van a ter un estilo de vida urbano aínda que vivan no rural. Seguramente non se relacionarán tanto cos seus veciños porque pasan o día fóra, non aportarán moitos beneficios á comunidade porque farán as súas compras na cidade, e tamén seguramente afectará a nivel político xa que a poboación rural soe ser máis conservadora que a urbana. Nalgúns casos a poboación esforzarase por integrarse na comunidade e incluso dedicaranse a tarefas agrícolas, cun réximen productivo mixto o simbiótico exercendo a pluriactividade, que lles permitirá dispoñer de alimentos durante todo o ano e ademáis ingresos adicionais froito de que algún membro da familia traballe sendo remunerado.
  As políticas do concello teñen moi en conta os movementos pendulares. Téntase que a poboación viva e traballe no municipio, basicamente para que a poboación faga vida alí, algo que pode facer que aumenten os servicios e comercios que ofrece o municipio, xa que a poboación xa non se desprazaría tanto ao centro urbano. Por iso é importante ter unhas boas comunicaciones, que sen dúbida as empresas teñen en conta para decidir onde asentarse. Intasa, como vimos, é unha empresa que seguramente non tería cabida nos municipios urbanos, pero que sen embargo encontrou sitio en San Sadurniño. Máis que velo como un problema, podemos velo como unha posibilidade. Como nos dixo Ignacio, en torno a esta industria poden crearse outras auxiliares, servicios, comercios e novas empresas que poden chegar a formar un verdadeiro parque empresarial que reteña a poboación no municipio. Se se leva a cabo este plan cunhas políticas de respeto incondicional ao medio ambiente, có menor impacto posible, San Sadurniño sairá gañando.
  Pero non todo é industria, San Sadurniño conta cun sector primario moi importante (agricultura, gandeiría e explotación forestal) que tamén pode resultar atractivo para a poboación.
    Estas son as ideas máis interesantes que podo sacar de todo o que aprendimos de San Sadurniño, froito da productiva entrevista co concelleiro e as interesantes respostas de Arturo e Jose. Tedes algo que engadir? Sentídevos libres para opinar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario