jueves, 21 de junio de 2012

Conclusións Valdoviño

El faro de Meirás, en una zona acantilada
Valdoviño non ten a mesma sorte que San Sadurniño, sobre todo no senso das comunicacións. Mentres San Sadurniño conta con unha vía de alta capacidade e outra que está en proyecto, ademáis da vella carretera nacional, Valdoviño só conta coa nacional. Isto limita o asentamento de empresas o tamén o feito de que a xente elixa este municipio para asentar a súa primeira ou a súa segunda residencia.
Parece evidente que intentar evolucionar a partires simplemente do turismo non é unha boa idea. Porque o turismo concéntrase na época estival, na que o clima da un respiro e permite disfrutar do demandado turismo de sol e praia nas fantásticas praias do municipio.
Aínda que o asentamento de empresas queda case descartado, polas malas comunicacións e a dura competencia dos municipios veciños (Polígono da Gándara e Río do Pozo en Narón, ou o de Vilar do Colo en Fene) que contan cunhas instalacións modernas e moi ben comunicadas, o certo é que a poboación segue escollendo Valdoviño como emprazamento da súa vivenda principal. Esto queda demostrado polas mesmas razóns que en San Sadurniño. Os movementos cara o traballo son relativamente moi intensos e a poboación do municipio mantense estancada a pesares do evidente avellentamento da poboación.
persoalmente, penso que o municipio non poder ser corto de miras. Non pode basearse nun sector tan especulativo coma o turismo, o que non quere dicir que non deba aprooveitar as súas circunstancias, que son un espazo fenomenal para o desenvolvemento de actividades relacionadas co ocio e o lecer. Pero tamén pode buscar a diversificación, ou a complementariedade cos municipios veciños. Para isto pode ser favorable a conformación da mancomunidade de municipios de Ferrolterra, pero o proxecto avanza realmente lento. As enerxías renovables, como a eólica, foron unha forte aposta no pasado pero agora mantéñense estancada, pero de seguro que será algo aproveitable no futuro.
Como xa comentamos, a poboación autóctona e a que é protagonista dos movementos pendulares non ten toda a relación que podería, o que sen dúbida sería moi interesante e debería incentivarse. Porque son o pasado e o futuro do municipio, e deben aprender uns doutros. As xeracións vellas son as expertas das relacións entre a poboación e a terra, no seu sentido máis productivo. As xeracións novas, aínda que traballen noutro municipio, residen no rural e son os responsables do futuro de mesmo, aínda que pareza que estas circunstancias sonlle alleas, non é tal. O rural depende deles pero eles tamén dependen do rural, posto que viven alí.
Cal pensades que pode ser a solución para municipios coma Valdoviño? Qué concluións sacades?Sentídevos libres para dar a vosa opinión!.
Proximamente dedicarémonos a facer o estudo do concello de Neda. Gostaríame darlle os meus agradecementos tanto a Espe coma a Camila, e tamén ao equipo do alcalde de Valdoviño que ata o de agora non puido contestar persoalmente.

lunes, 18 de junio de 2012

Entrevista a un "commuter" e a un nativo de Valdoviño.

Praia e Lagoa da Frouxeira en Valdoviño
Nesta foto podemos ver a xustificación do que nos dixo o equipo do alcalde. O futuro de Valdoviño está moi ligado ao sector turístico. Parécenos normal, atendendo a imaxes de rincóns tan espectaculares coma este. Preto desta praia, a escasos metros da carretera que une Ferrol e Cedeira, vive Espe.
Espe mudouse ao seu concello natal, Valdoviño, xa que tiña a opción de construir unha vivenda unifamiliar nun dos terreos dos seus pais. Traballa no Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol e responde encantada ás nosas preguntas.
Falamos tamén con Camila, xubilada e dedicada ao campo logo de traballar toda a súa vida nunha pequena tenda de ultramarinos. A intención de esta dobre entrevista, unha vía mail e outra por teléfono, é comprobar as distintas perpectivas sobre os novos procesos sociodemográficos que acontecen no rural froito dos movementos pendulares. Expoñemos a continuación as preguntas:




J: Dende cando vive en Valdoviño? Ten antecedentes familiares no municipio?
E: Llevamos viviendo aquí unos 6 años. Aquí vivieron siempre mis padres, y poder tenerlos cerca nos da mucha seguridad. Mi marido es de Ferrol pero le encanta vivir en el campo, así que estamos muy contentos.
C: Eu levo toda a vida aquí, en Valdoviño. Por suposto traballei en moitos outros lugares, pero o meu fogar foi sempre este. Os meus pais eran tamén de aquí.
J: Segundo a vosa percepción, de onde vos sentides? De Ferrol? De Valdoviño…?
E: Yo soy de Valdoviño. Viví muchos años en Narón pero siempre consideré Valdoviño como mi casa. Mi marido es de Ferrol y se siente ferrolano, aunque esto le guste.
C: Eu son daquí de Valdoviño, se non de onde?
J: Como veriades a fusión de todos os municipios de Ferrolterra, que daría como resultado un área urbana duns 170.000 habitantes? Prefeririades que Valdoviño se mantivera ao marxe do tema das fusións?
E: Siempre he estado de acuerdo con lo que sea mejor para todos. Si va a venir bien, y no me refiero solo al tema económico, sino también en otros muchos sentidos, que se haga. Si funciona, no creo que nadie se queje de la pérdida de identidad.
C: Non entendo e non me preocupa moito todo ese tema.
J: Opinades que Valdoviño gaña moita poboación na actualidade ou que a perde?
E: Conozco mucha gente que se viene a vivir aquí, porque está cerca de todo y además es un lugar fantástico si te puedes permitir desplazarte. Pero lo cierto es que la gente aquí es muy mayor y no creo que crezca mucho.
C: A xente nova marcha toda. Aquí non hai nada. E tendo a cidade tan preto aquí so vén a xente á praia, nada máis.
Como describiriades a vida no rural?
E: Tranquila. No tienes tantos problemas como en la ciudad, como el ruido o los vecinos. Por supuesto, también tiene inconvenientes, pero vale la pena.
C: Sacar adiante aos fillos no campo é difícil, claro. Houbo que traballar sempre moito, tanto no campo coma no que fose. Pero o certo e que nunca nos queixamos porque nunca nos faltou de nada.
J: Na zona onde vivides, pensades que cambiou moito o modo de vida con respecto a décadas anteriores? Segue vivindo a poboación da agricultura?
E: Lo cierto es que sí que hay gente que tiene una pequeña huerta en casa donde cultiva tomates, patatas, pimientos...pero no vive de ello. Suele ser gente que tiene otro trabajo o que está jubilada.
C: Cando eu era moza, e mesmo cando me casei, toda a xente adicábase á agricultura ou aos animais. Como moito había algún que tiña unha tenda ou un bar, pero non é coma agora. Da agricultura xa non vive ninguén.
J: Coñecedes a xente que viva exclusivamente do campo? Se é asi, viven ben? Credes que é un estilo de vida moi sacrificado?
E: La verdad es que no conozco a nadie que viva únicamente del campo. Los que conozco que cultivan alguna cosilla trabajan bastante para tener dos pimientos y dos patatas, así que sí, siempre lo consideré un estilo de vida sacrificado. 
C: Algún queda si, pero realmente poucos. Se non fora por a pensión non lles daría para nada. É sacrificado, si. Pouco tempo libre e moito traballo dende pola mañá ata a noite.
J: Credes que é importante que se asente a xente nova no municipio, ainda que nin fagan vida nin traballen nel? (refírome a xente que traballa fora de casa todo o día e tan so vai a casa para durmir).
E: Sí, claro. Valdoviño lo que necesita es más gente joven, más comercio, más vida. A mi hijo tenemos que llevarlo a Ferrol o a Narón cuando queda con los amigos.
C: É necesario pero aquí poucos veñen. Máis ben, os poucos que hai vanse á cidade. Pero si que deberían facer calquera cousa para atraer á xente xoven. Pero é que o pouco que hai non atrae á xente, entón...
J: Canto tempo vos leva acudir ao lugar de traballo? Que transporte utilizades? Ten boas comunicación Valdoviño con outros municipios?
E:
A mi unos 10 ó 15 minutos. Mi marido tarda un poquito más. Vamos los dos en coche porque aquí los buses pasan cada mucho tiempo. Las comunicaciones no son muy buenas porque es una carretera nacional la que prácticamente usa todo el mundo, pero el tráfico no es muy elevado asi que tampoco nos quejamos.
C: Eu teño a horta aquí na casa así que non tardo nada. Se teño que ir a algures lévame algún veciño ou, se están aquí os meus fillos, pois eles. Miguel (o seu marido) tiña coche antes pero agora xa non o leva polas cataratas.
J: Que servicios vos gustaría que houbera no municipio que non existan actualmente? (comercio, servizos públicos e outros equipamentos).
E: Como trabajamos en el centro no echamos de menos ningún comercio porque si necesitamos algo lo compramos allí. Pero está claro que si hubiera aquí estaría mejor tanto para la gente de aquí como para nosotros si en alguna ocasión necesitamos algo.
C: Estaría ben que houbera algun supermercado, que o hai, pero nos quedas un pouco lonxe. Tamén nos queda lonxe a panadería, pero como o reparten non temos problema.
J: Que limitacións lle vedes ao municipio, e que puntos fortes?
E: Limitaciones sobre todo en las comunicaciones. Está muy cerca de todo pero tienes que ir todo el camino a 50 (km/h) o, como mucho, a 90 en algunos tramos. Puntos fuertes, quizás el propio aislamiento es una ventaja. Pero sobre todo el paisaje y la tranquilidad.
C: Aquí coñécemonos todos. E se alguén precisa algo sempre pode contar cos veciños. O peor é estar tan lonxe de todo e ver como cada vez se vai máis xente.
J: Veríades ben que se implantaran no municipio calquera tipo de empresas e industrias para dar traballo á poboación?
E: Evidentemente no vale cualquier cosa. Un familiar trabajó en un chiringuito en la playa que acabaron demoliendo por estar muy cerca de la laguna y del mar. Me refiero a que no vale todo. EL municipio tiene algo único que es su costa y hay que conservarlo.
C: Non calquera cousa pero si que estaría ben que trouxeran aquí algo que fixera que a xente viñera e non se fose porque non atopa nada.
J: Polo que podedes ver na vosa zona, pensades realmente que a poboación rural é máis conservadora que a poboación da cidade?
E: Sin duda sí. Por lo que podemos ver en las fiestas, se cumple eso que dicen. La gente es muy maja pero tiene unas ideas muy antiguas. Supongo que es normal.
C: Eu vou votar a que me asegure cobrar o que me toca cobrar. E o que sempre me garantiu iso foron os partidos de dereitas. Sí, o Partido Popular. Aquí sempre o fixeron ben.

Conclusions

Nestas entrevistas tan interesantes podemos comprobar coma se cumpren (ou non) os tópicos sobre o medio rural. Tamén parece evidente como o feito de que se asente poboación nova nos municipios rurais modifica de maneira importante a forma de vida. O problema pode ser a pouca conexión entre as xeracións máis vellas, as que levan toda a vida vivindo no municipio, e entre as máis novas, que chegan na súa maioría procedentes da cidade.
Fomentar estas conexións pode ser moi interesante para que perduren as formas de vida tradicionais e poder introducir a modernidade, e con isto refírome a internet ou outras formas de ver a mundo que sen dúbida pode aportar a poboación nova.
O que parece claro é que pouca xente ten interese nas actividades económicas que poda xerar o medio rural. Uns queren vivir tranquilos nun ambiente idílico, e outros xa están maiores para traballar. Sen dúbida, esta non pode ser a mentalidade e non podes centrar o teu futuro no sector turístico en época estival.


martes, 5 de junio de 2012

Entrevista con Jose Antonio Vigo Lago, alcalde de Valdoviño



   Fai unhas semanas, procurei poñerme en contacto co concello de Valdoviño e buscar a alguén que me poidera responder a unha serie de preguntas parecidas ás que nos respondeu o señor Ignacio Fernández, concelleiro de San Sadurniño. Sen embargo, e como nos parece normal, o alcalde non puido polo de agora contestar as nosas preguntas, que serán colgadas á maior brevedade. Aínda asi, as mesmas preguntas foron respondidas polo seu equipo que, se ben non se atreveu a contestar algunhas delas, si que nos facilitou a resposta que buscábamos para moitas outras. Agradézolle a estas persoas as molestias de contestar e aquí copio o seu mail de maneira provisional mentres non conseguimos as respostas do alcalde.


Ola, 

  Xa lle fixemos chegar as túas preguntas ao alcalde. O que pasa é que 
probablemente non tivo tempo de miralas. En calquera caso podemos 
comentarche algunhas delas, xa que son moi sinxelas de respostar. Outras 
tería que ser o alcalde. Veremos se pode contestarche nestes días. 

-Gañou Valdoviño poboación provinte doutros municipios?
Nos últimos anos Valdoviño mantén unha poboación estable, preto dos 
7.000 habitantes. Si gañou poboación doutros municipios, pero nun número 
reducido. O que ten é sobre todo segundas vivendas de veciños dos 
municipios próximos.

-¿cree que existe unha área metropolitana de Ferrol? de ser asi, 
¿formaría parte Valdoviño de dita área metropolitana?
Si existe, recollida na Mancomunidade de Ferrol e comarca. Valdoviño é 
un dos concellos que a compoñen. 

-Existen políticas de actuación conxuntas entre Valdoviño e os 
municipios cercanos, para recollida de lixos, servicio de bombeiros, 
etc.? Prevese a unificación de servicios a curto prazo?
Dentro da Mancomunidade realízanse algunhas actividades conxuntas. Hai 
un mes vén de mancomunarse o servizo de lacería e recollida de animais. 
Polo momento non hai previstas novas unificacións, pero estudiaranse no 
futuro. 

-Pensouse no municipio algunha vez na fusión con municipios cercanos?
O alcalde de Cedeira fixo unhas declaracións na prensa falando da 
hipótese futura de fusión do seu concello cos de Cerdido e Valdoviño. En 
Valdoviño non houbo nin hai pensamento algún en fusionarse cos concellos 
cercanos, o que non impide que no futuro poida unificarse algún servizo 
concreto.

-Cómo afectou a crisis á economía do municipio? A qué sectores?
Tería que respostar o alcalde. 
-Víronse menguadas as axudas ao municipio dende o comezo da crise? en 
qué ámbitos?
Tería que respostar o alcalde.

-Cree que as potencialidades do municipio están relacionadas coa 
agricultura, ou pola contra con algún dos outros sectores (servicios, 
industria, construcción, turismo)?
Aínda que hai outros sectores de interese para o Concello, o alcalde xa 
sinalou en varias ocasións que actualmente o sector estratéxico de 
Valdoviño é o turismo. Como saberás Valdoviño destaca polo seu litoral e 
as súas praias. 

-Qué papel xoga no municipio a segunda residencia?
Como xa indicamos Valdoviño é historicamente un concello cun importante 
nivel de segundas residencias, xa sexa de habitantes dos concellos 
veciños ou doutras comunidades, nomeadamente Madrid. 

-Qué limitacions pensa que afectan ao municipio á hora de arranxar 
certas dificultades ou carencias?
Tería que respostar o alcalde. 
 Un saúdo. 
 Concello de Valdoviño


Conclusións

  As respostas do equipo do alcalde vennos a confirmar que se trata dun municipio centrado no sector turístico aproveitando a súa potencialidade para o mesmo. Nel, prima a segunda residencia e persoas que establecen a súa vivenda principal pero que traballan noutros municipios. Cando teñamos todas as respostas, aumentaremos as nosas conclusións.
  Na seguinte entrada tentaremos falar con algún conmutador para sacar algunhas conclusión do que supoñe que gran parte da poboación do municipio proveña de fóra.

Movementos pendulares en Valdoviño


  Imos comentar nesta entrada, como xa comentamos co municipio de San Sadurniño, os movementos que realiza a poboación cara outros municipios con fins laborais. Primeiro de nada imos recordar para qué utilizamos o concepto de movementos pendulares, movementos residencia/traballo ou commuting. Os movementos pendulares serven para comprobar as relacións que existen entre un municipio e outro, neste caso a nivel de movementos diarios de poboación, para poder definir mediante métodos estadísticos se un municipio encádrase dentro da área de influencia doutro máis grande, normalmente unha cidade media ou grande. Neste caso a cidade sería Ferrol. Se os movementos de poboación son importantes (e isto depende dos umbrais que consideremos) podemos concluir que un municipio se encontra inmerso na área metropolitana do municipio maior.
  Se acudimos ao IGE para mirar os datos, éstos indícanos o seguinte:
  O número de persoas que realiza unha o máis viaxes diarias ao lugar de traballo, son 1684. Tendo en conta que o municipio de Narón é colindante e que o de Ferrol atópase a uns 4 km, podemos pensar que os desprazamentos poderían facerse facilmente en menos de 10 minutos. O problema é que o núcleo de poboación máis importante de Valdoviño encóntrase a 13 km do núcleo urbano de Ferrol. Esta distancia leva algo menos de 20 minutos percorrela. Dentro desas case 1700 personas que se desprazan diariamente,  322 tardan menos de 10 minutos, có que en principio non as imos contabilizar como commutadores posto que o máis probable e que se trate de movementos interiores e non de movementos cara a municipios veciños, se ven é certo que moitos deles seguramente se dirixan a traballar a Narón ou incluso a Cedeira.
Contabilizaremos como commutadores a Ferrol aqueles que tarden entre 10 e 30 minutos a acudir ao seu traballo. Neste umbral encontrámonos con 1202 personas, una cifra relativamente elevada. E, como xa dixemos na entrada homóloga de San Sadurniño, habería que engadir as persoas que se moven cara Ferrol por actividades de ocio, compras, etc.
  No caso de Valdoviño nos atopamos claramente con movementos residencia/traballo que indican que, de existir un área metropolitana, claramente Valdoviño estaría encadrada dentro da mesma. O elevado número de persoas que se desprazan diariamente indícanos que moitas persoas mudaron a súa primeira residencia cara este municipio, sen dúbida polos súas virtudes paisaxísticas. Non debemos olvidar que Valdoviño é un municipio con vocación claramente turística. Para corroborar o que podemos sacar destes datos, cómpre falar con persoas autorizadas. Nas seguintes entradas, tentaremos falar con Jose Antonio Vigo Lago, alcalde de Valdoviño, e con algún conmutador que nos poida falar un pouco de cales son as consecuencias económicas e sociais, básicamente, de este novo tipo de poboamento rural.

lunes, 4 de junio de 2012

Valdoviño, segunda residencia e turismo

Situación de Valdoviño en Galicia
  Valdoviño é un municipio situado ao Noreste de Ferrol, con saída ao Océano Atlántico e numerosas praias de enorme beleza e exclusividade, algo que acelerou o seu crecemento inmobiliario (relacionado co turismo) ainda que non tanto demográfico. Nos seus 81 km2 conta con 6.926 habitantes (IGE, 2011) o que da como resultado unha densidade de 85.5 hab/km2.
  Nas últimas décadas a súa poboación oscilou entre os 6736 (1996) e os 7146 (1986), co que en este aspecto se presenta bastante regularidade. Algúns anos se perde e outros se gaña poboación.
  A súa dinámica é ben diferente á de San Sadurniño, xa que aquí contamos con un sector servicios e de turismo có que non contamos no muncipio veciño.
  Imos ver entón que é o que sucede en Valdoviño seguindo o mesmo esquema que en San Sadurniño.

Conclusions San Sadurniño

Castelo de Narahio en San Sadurniño
  San Sadurniño ten en definitiva unha posición privilexiada. Como nos indicaba Ignacio, o feito de que estexa atravesada pola autovía Ferrol-Vilalba o a líña de ferrocarril de Feve Ferrol-Gijón, e incluso por una futura vía rápida transcantábrica, parece favorecer esta teoría.
  A proximidade de Ferrol debería supoñer un crecemento demográfico importante. Sen embargo isto non foi así e a explicación máis probable e que a poboación deste municipio está tan envellecida que, por moita poboación que elixa San Sadurniño para asentar a súa vivenda principal, o crecemento natural é negativo e a poboación total do municipio mantense estancada ano tras ano. Pero a realidade é que cada vez hai máis poboación de fóra, que reside no municipio pero que traballa nalgún dos municipios próximos, como xa vimos na entrada correspondente. 
  Este proceso ten unhas consecuencias económicas e sociais moi importantes. Esta primeira xeración de habitantes foráneos van a ter un estilo de vida urbano aínda que vivan no rural. Seguramente non se relacionarán tanto cos seus veciños porque pasan o día fóra, non aportarán moitos beneficios á comunidade porque farán as súas compras na cidade, e tamén seguramente afectará a nivel político xa que a poboación rural soe ser máis conservadora que a urbana. Nalgúns casos a poboación esforzarase por integrarse na comunidade e incluso dedicaranse a tarefas agrícolas, cun réximen productivo mixto o simbiótico exercendo a pluriactividade, que lles permitirá dispoñer de alimentos durante todo o ano e ademáis ingresos adicionais froito de que algún membro da familia traballe sendo remunerado.
  As políticas do concello teñen moi en conta os movementos pendulares. Téntase que a poboación viva e traballe no municipio, basicamente para que a poboación faga vida alí, algo que pode facer que aumenten os servicios e comercios que ofrece o municipio, xa que a poboación xa non se desprazaría tanto ao centro urbano. Por iso é importante ter unhas boas comunicaciones, que sen dúbida as empresas teñen en conta para decidir onde asentarse. Intasa, como vimos, é unha empresa que seguramente non tería cabida nos municipios urbanos, pero que sen embargo encontrou sitio en San Sadurniño. Máis que velo como un problema, podemos velo como unha posibilidade. Como nos dixo Ignacio, en torno a esta industria poden crearse outras auxiliares, servicios, comercios e novas empresas que poden chegar a formar un verdadeiro parque empresarial que reteña a poboación no municipio. Se se leva a cabo este plan cunhas políticas de respeto incondicional ao medio ambiente, có menor impacto posible, San Sadurniño sairá gañando.
  Pero non todo é industria, San Sadurniño conta cun sector primario moi importante (agricultura, gandeiría e explotación forestal) que tamén pode resultar atractivo para a poboación.
    Estas son as ideas máis interesantes que podo sacar de todo o que aprendimos de San Sadurniño, froito da productiva entrevista co concelleiro e as interesantes respostas de Arturo e Jose. Tedes algo que engadir? Sentídevos libres para opinar.