martes, 5 de junio de 2012

Entrevista con Jose Antonio Vigo Lago, alcalde de Valdoviño



   Fai unhas semanas, procurei poñerme en contacto co concello de Valdoviño e buscar a alguén que me poidera responder a unha serie de preguntas parecidas ás que nos respondeu o señor Ignacio Fernández, concelleiro de San Sadurniño. Sen embargo, e como nos parece normal, o alcalde non puido polo de agora contestar as nosas preguntas, que serán colgadas á maior brevedade. Aínda asi, as mesmas preguntas foron respondidas polo seu equipo que, se ben non se atreveu a contestar algunhas delas, si que nos facilitou a resposta que buscábamos para moitas outras. Agradézolle a estas persoas as molestias de contestar e aquí copio o seu mail de maneira provisional mentres non conseguimos as respostas do alcalde.


Ola, 

  Xa lle fixemos chegar as túas preguntas ao alcalde. O que pasa é que 
probablemente non tivo tempo de miralas. En calquera caso podemos 
comentarche algunhas delas, xa que son moi sinxelas de respostar. Outras 
tería que ser o alcalde. Veremos se pode contestarche nestes días. 

-Gañou Valdoviño poboación provinte doutros municipios?
Nos últimos anos Valdoviño mantén unha poboación estable, preto dos 
7.000 habitantes. Si gañou poboación doutros municipios, pero nun número 
reducido. O que ten é sobre todo segundas vivendas de veciños dos 
municipios próximos.

-¿cree que existe unha área metropolitana de Ferrol? de ser asi, 
¿formaría parte Valdoviño de dita área metropolitana?
Si existe, recollida na Mancomunidade de Ferrol e comarca. Valdoviño é 
un dos concellos que a compoñen. 

-Existen políticas de actuación conxuntas entre Valdoviño e os 
municipios cercanos, para recollida de lixos, servicio de bombeiros, 
etc.? Prevese a unificación de servicios a curto prazo?
Dentro da Mancomunidade realízanse algunhas actividades conxuntas. Hai 
un mes vén de mancomunarse o servizo de lacería e recollida de animais. 
Polo momento non hai previstas novas unificacións, pero estudiaranse no 
futuro. 

-Pensouse no municipio algunha vez na fusión con municipios cercanos?
O alcalde de Cedeira fixo unhas declaracións na prensa falando da 
hipótese futura de fusión do seu concello cos de Cerdido e Valdoviño. En 
Valdoviño non houbo nin hai pensamento algún en fusionarse cos concellos 
cercanos, o que non impide que no futuro poida unificarse algún servizo 
concreto.

-Cómo afectou a crisis á economía do municipio? A qué sectores?
Tería que respostar o alcalde. 
-Víronse menguadas as axudas ao municipio dende o comezo da crise? en 
qué ámbitos?
Tería que respostar o alcalde.

-Cree que as potencialidades do municipio están relacionadas coa 
agricultura, ou pola contra con algún dos outros sectores (servicios, 
industria, construcción, turismo)?
Aínda que hai outros sectores de interese para o Concello, o alcalde xa 
sinalou en varias ocasións que actualmente o sector estratéxico de 
Valdoviño é o turismo. Como saberás Valdoviño destaca polo seu litoral e 
as súas praias. 

-Qué papel xoga no municipio a segunda residencia?
Como xa indicamos Valdoviño é historicamente un concello cun importante 
nivel de segundas residencias, xa sexa de habitantes dos concellos 
veciños ou doutras comunidades, nomeadamente Madrid. 

-Qué limitacions pensa que afectan ao municipio á hora de arranxar 
certas dificultades ou carencias?
Tería que respostar o alcalde. 
 Un saúdo. 
 Concello de Valdoviño


Conclusións

  As respostas do equipo do alcalde vennos a confirmar que se trata dun municipio centrado no sector turístico aproveitando a súa potencialidade para o mesmo. Nel, prima a segunda residencia e persoas que establecen a súa vivenda principal pero que traballan noutros municipios. Cando teñamos todas as respostas, aumentaremos as nosas conclusións.
  Na seguinte entrada tentaremos falar con algún conmutador para sacar algunhas conclusión do que supoñe que gran parte da poboación do municipio proveña de fóra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario