lunes, 23 de abril de 2012

Entrevista co concelleiro de desenvolvemento rural. (I) Política e Poboación




Neste primeiro bloque de preguntas falaremos con Ignacio Fernández, técnico de desenvolvemento rural no concello de San Sadurniño, do tema demográfico e de política interna e externa do municipio de San Sadurniño, un municipio rural que de seguro ten moitas similitudes con moitos outros municipios semellantes situados nas inmediacións dunha das 7 grandes cidades galegas. O próximo bloque de preguntas estará adicado á economía do municipio, e a analizar as vantaxes e as limitacións que pode ter San Sadurniño.

Jorge: Qué función desempeña no concello?

Ignacio: Eu son o técnico de desenvolvemento local, iso nun concello pequeno significa facer moitas cousas, xa que non hai técnico de medioambiente nin outros profesionais, co que eu asumo moitas de esas tareas. En Galicia non é moi común que os Xeógrafos asuman cargos nos concellos, sendo máis economistas, arquitectos, sociólogos e outros técnicos. Sen embargo en outras comunidades coma Castela e León os xeógrafos si que teñen máis presenza.

J: A pesar de tratarse dun municipio que perde población en xeral, gañou poboación provinte doutros municipios?

I: Si, claro. SS chegou a ter case 6000 habitantes, pero pasou o que ocorreu en tantos outros municipios: o éxodo rural. O feito é que na actualidade estancouse a poboación e iso querer dicir que ven xente de fóra, xa que o crecemento natural é marcadamente negativo.


J: Existe en San Sadurniño (de aquí en diante SS) un plan de ordenación do territorio ou algo similar para regular a urbanización?

I: Estamos redactando o PXOUM, levamos xa anos e temos como problema os novos cambios normativos, que obrigan a refacer moitas cousas, pero prevemos que en pouco tempo o teñamos rematado. Xa pasamos a evaluación ambiental e a ver se dentro de pouco xa está iso. Temos normas subsidiarias dende 1993, nada máis. SS é moi grande e o feito de que a poboación este tan dispersa polos 100km2 non axuda moito, e é caro xestionar moitos puntos de luz e carreteras, en fin, moitas infraestructuras que non é doado manter cos nosos orzamentos. En Galicia temos presupuestos baixos comparado con otros puntos de España a pesar de ter uns gastos moito maiores. En San Sadurniño estase incumplindo a lei pero porque non temos diñeiro para cumplila. Todo o mundo debe ter auga e saneamento na súa vivenda pero estimamos que facer iso en SS costaríamos 15 millons de € a obra simplemente. O noso presuposto, sin embargo, é de 3 millóns. De todos modos, a dispersión da poboación en Galicia non é algo recente se non que é histórica, é decir que se trata de algo co que temos que convivir. O que si que debe haber é una regulación para que a cousa non vaia máis alá, controlando que non se disperse máis do que está.

J: Cree vostede que existe un área metropolitana de Ferrol? De ser así, pensa que San Sadurniño forma parte de esta área metropolitana?

I: Creo que existe un área funcional, que coincide coa comarca de Ferrolterra e tamén coa de Eume e Ortegal, pero creo que é un pouco pretencioso falar de área metropolitana cando en Galicia non hai ciudades grandes, se non medias. De feito, nin sequera A Coruña e Vigo son grandes a nivel español, moito menos a una escala maior. Nunha área funcional, con centro en Ferrol, si que incluiría a San Sadurniño, evidentemente.

J: Existen políticas de actuación conxuntas entre SS e os municipios cercanos, para recollida de lixos, servicio de bombeiros, etc.?  Prevese a unificación de servicios a curto prazo?

I: Eu, persoalmente, estou a favor das comarcas. O feito de que cada municipio teña unas competencias definidas, pero como iso é complicado en Galicia polo tema das diferencias políticas, parece que a salución debería ser a unificación de servicios e a creación e estímulo das mancomunidades, algo que existe en Ferrolterra pero que esta un pouco abandoado. Compartimos servizos con municipios vecinos, como por exemplo para control dos bosques ou para a policía local, que temos coversas para compartir con Narón.

Conclusións

Parece evidente que o feito de que o municipio perda poboación, a pesar dos aportes dos municipios urbanos próximos (Ferrol e Narón) afecta seriamente á economía do municipio. Incluso coas boas comunicacións existentes a sangría demográfica parece non ter fin por mor do elevado número de persoas maiores. Pero o caso é que na situación actual, na que prima o crecemento de zonas rururbanas como esta, San Sadurniño non conseguiu sumarse a esta "moda". Cal pode ser a razón? Pode ser que os movementos pendulares nunha zona deprimida demográfica e económicamente coma Ferrol non teñan tanta importancia?
Por outra banda, confírmamos que o feito de que en Galicia exista unha elevada dispersión da poboación dificulta o avance en plans de ordenación do territorio.
A pesares de afirmar que non existe unha área metropolitana de Ferrol propiamente dita, algo discutible xa que segundo indicadores complexos coma os de residencia-traballo si que citan a Ferrol como área metropolitana de case 150.000 persoas, si que se admite que é unha importante área urbana nos planos administrativo e funcional, do que San Sadurniño forma parte e no que priman as políticas comúns, aínda que ás veces vense dificultados por diferencias políticas entre os municipios. Sen dúbida isto debería arranxarse xa que o que é bo para un municipio dentro dunha "area funcional" vai acabar sendo bo para o resto.
En qué aspectos cres ti que poden actuar de maneira conxunta os municipios dunha mesma comarca ou territorio para aforrar ou mellorar as infraestructuras, servizos, etc. da poboación?


No hay comentarios:

Publicar un comentario