martes, 8 de mayo de 2012

Entrevista co concelleiro de desenvolvemento rural. (II) Economía, potencialidades e limitacións

Intasa, do Grupo Toxeiro, en San Sadurniño

Segunda parte da entrevista con Ignacio Fernández, técnico de desenvolvemento rural do concello de San Sadurniño.


Neste segundo bloque de preguntas falaremos da economía do municipio, asi como dos puntos fortes e débiles que pode ter un municipio rural como San Sadurniño.


J: Pensou algunha vez na fusión con municipios cercanos?

I: O certo é que non, por un motivo moi sinxelo. A mayoría dos municipios rurais non teñen os problemas económicos dos municipios que encheron a súa burbulla inmobiliaria. Aquí o ritmo de construcción é igual ou incluso superior ao que había antes da crise. Nos están vendendo una situación que non se da en todos os municipios. Nós temos superávit dende o ano 2007. Non houbo perdas e polo tanto non consideramos a opción da fusión porque non a precisamos. Non hai débedas. O único problema é o paro, que si que é maior que antes, xa que o mercado de traballo é o mesmo para toda a comarca e Ferrol non está moi ben nese senso.

J: Cómo afectou a crisis á economía do municipio? A qué sectores? Reducíronse as axudas públicas?

I: A crise aféctanos coma a todos. Claro que recibimos menos axudas e ese é o maior problema. Temos menos diñeiro pero os mesmos gastos. Pero aínda recibimos partidas importantes, como medio millón de euros para rehabilitar un pazo que pertencía a una orde relixiosa, que será o novo edificio do concello o ano que ven. Este concello non tivo una burbulla inmobiliaria tan grande coma outros e iso permítenos sobrelevar esta crise posto que non pagamos polos excesos do pasado.

J: Cree que as potencialidades do municipio están relacionadas coa agricultura, ou pola contra con outros sectores (servicios, industria, construcción, turismo)?

I: Evidentemente o noso maior potencial na actualidade é a producción agrícola. O 30% da superficie do municipio está adicada a usos agrícolas. Existen dúas zonas especialmente productivas: o Val do Río Grande de Xubia e Bardaos por ser un espacio chá no que houbo concentración parcelaria. Tamén podemos falar dun forte potencial gandeiro xa que no municipio se contabilizan 3000 cabezas de gando, con dúas empresas lácteas importantes (Bohal e O Casal). Tamén existen producción de horta e fruticultura, e moitos productos ecolóxicos que se poden colocar fácilmente na cidade. Ata fai uns anos existía no municipio una certa tradición na producción de sidra que se está intentando recuperar. Adquire moita importancia a producción forestal, case toda de eucalipto, recurso xestionado por medio da antiga UXFOR (Unidade de Xestión Forestal) que actualmente chámase SOFOR (Sociedad Forestal).
Con respecto aos outros sectores existe unha gran importancia do sector enerxético con producción de enerxía eólica e de biomasa, e con respcto á industria está situada en San Sadurniño unha gran empresa que é INTASA, do grupo Toxeiro, que se adica á producción de taboleiros de madeira.
Con vistas ao futuro, existen tentativas de crear no concello un parque empresarial en torno á fábrica de INTASA. Pensamos que sería viable pola boa situación estratéxica do concello, moi preto de vías de comunicación tan importantes como a A-6, a Ap-9 e, nun futuro, a conexión coa transcantábrica; e do Porto de Ferrol.

J: Qué limitaciones pensa que afectan ao municipio á hora de arranxar certas dificultades ou carencias?

I: Agora mesmo creo que son 4 as principais dificultades as que ten que afrontar o municipio. Serían o tema demográfico, xa que a media de idade do municipio ronda os 50 anos, o que fai necesario atraer xente. Os gastos son moi elevados e non nos podemos permitir perder máis poboación. Logo está o tema industrial. O Plan Sectorial do solo empresarial de Galicia directamente di que “as industrias deben estar nas ciudades”, algo que afecta directamente a municipios coma San Sadurniño. Outra limitación sería a estructura da propiedade, que como se pode imaxinar, da lugar a numerosas complicacions, e por último o tema económico, xa que contamos con menos axudas.

Conclusións

O concello de San Sadurniño tivo a sorte de non ter no sector inmobiliario o seu principal motor. Mentres todos pensaban en construir e construir, San Sadurniño, asi coma outros municipios rurais, tentou reconvertirse nun espacio donde prima o sector primario, pero cun salto de calidade e de concentración vertical, como as citadas industrias de leite e queixo, sen dúbida un dos puntos febles de Galicia, que produce en cantidade pero non transforma, co que se perden gran parte dos beneficios. Chama tamén a atención o especial fincapé que se lle dá á explotación forestal e a recuperación de bosques autóctonos. Os intentos de crear un parque empresarial parecen interesantes sempre e cando se fagan tentativas de que sexa acorde co espazo no que se ubica, o que lle dará unha peculiaridade que non se practica moito neste país, como é construir de manera acorde co paisaxe do arredor. Isto será moi complicado tendo en conta que a fábrica de Intasa, na imaxe, rompe bastante co medio.
San Sadurniño conta, coma nos di Ignacio, con unha posición priviliexiada, estratéxica, e tamén con moitos problemas estructurais que comparte coa maior parte dos municipios rurais galegos. Só podemos agardar e ver que lle depara o futuro a este peculiar municipio, que se trata dun paraíso rural preto da séptima cidade galega.


2 comentarios:

  1. Teño que dicir que o concello de San Sadurniño era un descoñecido para min ata o de agora, é dicir, constaba da súa existencia pero non sabía a base da súa economía, noraboa polas túas entrevistas e artigos, que conseguiron acercarme unha visión deste concello.
    O futuro? Diversificar as actividades en calquera sector que sexa posible.

    ResponderEliminar
  2. Penso que ainda que o concello non teña os problemas economicos que teñen outros deberian de aprender dos erros que se estan cometendo en muitos municipios e cidades e intentar no repetilos.
    Xa sabemos como di o refrann cando as barbas do teu veciño vexas cortar...

    ResponderEliminar