martes, 27 de marzo de 2012

San Sadurniño, un municipio rural


San Sadurniño é un municipio rural da comarca de Ferrolterra que conta con 3.099 habitantes (IGE, 2011), e que viu reducida a súa poboación total dende mediados do S.XX á metade. Isto debeuse ao proceso de pérdida de poboación que supuxo o éxodo de poboación cara Ferrol, por mor do auxe do sector naval, e cara a outras cidades galegas, españolas e incluso estranxeiras. Foi un proceso de abandono do campo que ata o de agora non finou aínda que si se ha visto reducido en gran medida. ¿Por qué? Pois debido sobretodo á chegada de nova poboación xoven que traballa na cidade ou persoas maiores que retornan dos lugares aos que emigraron para pasar a súa xubilación no lugar onde naceron. Isto que sucede en San Sadurniño non é distinto do que sucede en tantos otros municipios rurais galegos, españois e tamén é común a moitas entidades de poboación da maioría dos países desenrolados. Unha vez presentado este municipio, o que nos interesa é saber a opinión da poboación autóctona e dos novos habitantes, algo que exporemos en próximas entradas. A que se adican? Ónde traballan? Síntense cidadáns da cidade ou do rural?
Qué opinas ti? Coñeces algún caso similar? Qué ocorre no teu municipio? Opina libremente!

1 comentario:

  1. Na miña opinión, o proceso de pérdida de poboación veuse reducido nos últimos anos, xa que moitas das persoas que habitamos na comarca de Ferrol atopamos nos municipios rurais un lugar de desafogo e tranquilidade, onde podemos dar resposta a necesidades que non son resoltas na cidade. Ademais, no caso concreto de San Sadurniño , conta cunha boa comunicación coa comarca de Ferrolterra, polo que moitas persoas disporán no medio rural do seu lugar de residencia e optarán por desprazarse ás cidades ao seu posto de traballo. Polo tanto, eu penso que o traballo que predomina nestes municipios non é o propio no campo, senón que predomina o traballo nos sectores secundario e terciario nas cidades próximas.

    ResponderEliminar