Mostrando entradas con la etiqueta Ferrol rural Naron Rio Pozo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ferrol rural Naron Rio Pozo. Mostrar todas las entradas

martes, 20 de marzo de 2012

O que antes era rural...


Nos últimos anos, estos municipios adquiriron certa capacidade industrial, descentralizada dende a cidade central, e tamén unha mellora nos servicios froito do incremento da calidade de vida dos seus habitantes.
Na fotografía aparece o polígono industrial do Río do Pozo, un dos máis grandes de Galiza, nun municipio que ata o último tercio do século XX posuía unha economía basicamente agraria: Narón. Anos despois, atopámonos cunha cidade moi vinculada a Ferrol e no que a actividade agrícola encóntrase de maneira moito máis residual, aínda que continúa existindo.
A pregunta é, afectou positivamente esta especie de reconversión? Os usos do solo han cambiado de maneira moi evidente, e a calidade de vida ten mellorado moito, xunto coa inserción de novas vías de comunicación e servizos públicos e privados. Pero pola contra paisaxes tradicionais coma o da foto han sucumbido a un tipo de economía salvaxe, que precisa dun amplio espazo e que non respeta o medio como si que parece que o facía a agrocultura tradicional.
Este espazo rural xa non é soamente espazo adicado á agricultura. Pero entón, quen vive nestes municipios? Cal é o sector económico dominante? É a poboación autóctona? De onde se sinte esta poboación? Cal é a túa opinión?.