|
Praia e Lagoa da Frouxeira en Valdoviño |
Nesta foto podemos ver a xustificación do que nos dixo o equipo do alcalde. O futuro de Valdoviño está moi ligado ao sector turístico. Parécenos normal, atendendo a imaxes de rincóns tan espectaculares coma este. Preto desta praia, a escasos metros da carretera que une Ferrol e Cedeira, vive Espe.
Espe mudouse ao seu concello natal, Valdoviño, xa que tiña a opción de construir unha vivenda unifamiliar nun dos terreos dos seus pais. Traballa no Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol e responde encantada ás nosas preguntas.
Falamos tamén con Camila, xubilada e dedicada ao campo logo de traballar toda a súa vida nunha pequena tenda de ultramarinos. A intención de esta dobre entrevista, unha vía mail e outra por teléfono, é comprobar as distintas perpectivas sobre os novos procesos sociodemográficos que acontecen no rural froito dos movementos pendulares. Expoñemos a continuación as preguntas:
J: Dende cando vive en Valdoviño? Ten antecedentes
familiares no municipio?
E: Llevamos viviendo aquí unos 6 años. Aquí vivieron siempre mis padres, y poder tenerlos cerca nos da mucha seguridad. Mi marido es de Ferrol pero le encanta vivir en el campo, así que estamos muy contentos.
C: Eu levo toda a vida aquí, en Valdoviño. Por suposto traballei en moitos outros lugares, pero o meu fogar foi sempre este. Os meus pais eran tamén de aquí.
J: Segundo a vosa percepción, de onde vos sentides? De Ferrol?
De Valdoviño…?
E: Yo soy de Valdoviño. Viví muchos años en Narón pero siempre consideré Valdoviño como mi casa. Mi marido es de Ferrol y se siente ferrolano, aunque esto le guste.
C: Eu son daquí de Valdoviño, se non de onde?
J: Como veriades a fusión de todos os municipios de
Ferrolterra, que daría como resultado un área urbana duns 170.000 habitantes?
Prefeririades que Valdoviño se mantivera ao marxe do tema das fusións?
E: Siempre he estado de acuerdo con lo que sea mejor para todos. Si va a venir bien, y no me refiero solo al tema económico, sino también en otros muchos sentidos, que se haga. Si funciona, no creo que nadie se queje de la pérdida de identidad.
C: Non entendo e non me preocupa moito todo ese tema.
J: Opinades que Valdoviño gaña moita poboación na actualidade
ou que a perde?
E: Conozco mucha gente que se viene a vivir aquí, porque está cerca de todo y además es un lugar fantástico si te puedes permitir desplazarte. Pero lo cierto es que la gente aquí es muy mayor y no creo que crezca mucho.
C: A xente nova marcha toda. Aquí non hai nada. E tendo a cidade tan preto aquí so vén a xente á praia, nada máis.
Como describiriades a vida no rural?
E: Tranquila. No tienes tantos problemas como en la ciudad, como el ruido o los vecinos. Por supuesto, también tiene inconvenientes, pero vale la pena.
C: Sacar adiante aos fillos no campo é difícil, claro. Houbo que traballar sempre moito, tanto no campo coma no que fose. Pero o certo e que nunca nos queixamos porque nunca nos faltou de nada.
J: Na zona onde vivides, pensades que cambiou moito o modo de
vida con respecto a décadas anteriores? Segue vivindo a poboación da
agricultura?
E: Lo cierto es que sí que hay gente que tiene una pequeña huerta en casa donde cultiva tomates, patatas, pimientos...pero no vive de ello. Suele ser gente que tiene otro trabajo o que está jubilada.
C: Cando eu era moza, e mesmo cando me casei, toda a xente adicábase á agricultura ou aos animais. Como moito había algún que tiña unha tenda ou un bar, pero non é coma agora. Da agricultura xa non vive ninguén.
J: Coñecedes a xente que viva exclusivamente do campo? Se é asi,
viven ben? Credes que é un estilo de vida moi sacrificado?
E: La verdad es que no conozco a nadie que viva únicamente del campo. Los que conozco que cultivan alguna cosilla trabajan bastante para tener dos pimientos y dos patatas, así que sí, siempre lo consideré un estilo de vida sacrificado.
C: Algún queda si, pero realmente poucos. Se non fora por a pensión non lles daría para nada. É sacrificado, si. Pouco tempo libre e moito traballo dende pola mañá ata a noite.
J: Credes que é importante que se asente a xente nova no
municipio, ainda que nin fagan vida nin traballen nel? (refírome a xente que
traballa fora de casa todo o día e tan so vai a casa para durmir).
E: Sí, claro. Valdoviño lo que necesita es más gente joven, más comercio, más vida. A mi hijo tenemos que llevarlo a Ferrol o a Narón cuando queda con los amigos.
C: É necesario pero aquí poucos veñen. Máis ben, os poucos que hai vanse á cidade. Pero si que deberían facer calquera cousa para atraer á xente xoven. Pero é que o pouco que hai non atrae á xente, entón...
J: Canto tempo vos leva acudir ao lugar de traballo? Que
transporte utilizades? Ten boas comunicación Valdoviño con outros municipios?
E: A mi unos 10 ó 15 minutos. Mi marido tarda un poquito más. Vamos los dos en coche porque aquí los buses pasan cada mucho tiempo. Las comunicaciones no son muy buenas porque es una carretera nacional la que prácticamente usa todo el mundo, pero el tráfico no es muy elevado asi que tampoco nos quejamos.
C: Eu teño a horta aquí na casa así que non tardo nada. Se teño que ir a algures lévame algún veciño ou, se están aquí os meus fillos, pois eles. Miguel (o seu marido) tiña coche antes pero agora xa non o leva polas cataratas.
J: Que servicios vos gustaría que houbera no municipio que non
existan actualmente? (comercio, servizos públicos e outros equipamentos).
E: Como trabajamos en el centro no echamos de menos ningún comercio porque si necesitamos algo lo compramos allí. Pero está claro que si hubiera aquí estaría mejor tanto para la gente de aquí como para nosotros si en alguna ocasión necesitamos algo.
C: Estaría ben que houbera algun supermercado, que o hai, pero nos quedas un pouco lonxe. Tamén nos queda lonxe a panadería, pero como o reparten non temos problema.
J: Que limitacións lle vedes ao municipio, e que puntos fortes?
E: Limitaciones sobre todo en las comunicaciones. Está muy cerca de todo pero tienes que ir todo el camino a 50 (km/h) o, como mucho, a 90 en algunos tramos. Puntos fuertes, quizás el propio aislamiento es una ventaja. Pero sobre todo el paisaje y la tranquilidad.
C: Aquí coñécemonos todos. E se alguén precisa algo sempre pode contar cos veciños. O peor é estar tan lonxe de todo e ver como cada vez se vai máis xente.
J: Veríades ben que se implantaran no municipio calquera tipo
de empresas e industrias para dar traballo á poboación?
E: Evidentemente no vale cualquier cosa. Un familiar trabajó en un chiringuito en la playa que acabaron demoliendo por estar muy cerca de la laguna y del mar. Me refiero a que no vale todo. EL municipio tiene algo único que es su costa y hay que conservarlo.
C: Non calquera cousa pero si que estaría ben que trouxeran aquí algo que fixera que a xente viñera e non se fose porque non atopa nada.
J: Polo
que podedes ver na vosa zona, pensades realmente que a poboación rural é máis
conservadora que a poboación da cidade?
E: Sin duda sí. Por lo que podemos ver en las fiestas, se cumple eso que dicen. La gente es muy maja pero tiene unas ideas muy antiguas. Supongo que es normal.
C: Eu vou votar a que me asegure cobrar o que me toca cobrar. E o que sempre me garantiu iso foron os partidos de dereitas. Sí, o Partido Popular. Aquí sempre o fixeron ben.
Conclusions
Nestas entrevistas tan interesantes podemos comprobar coma se cumpren (ou non) os tópicos sobre o medio rural. Tamén parece evidente como o feito de que se asente poboación nova nos municipios rurais modifica de maneira importante a forma de vida. O problema pode ser a pouca conexión entre as xeracións máis vellas, as que levan toda a vida vivindo no municipio, e entre as máis novas, que chegan na súa maioría procedentes da cidade.
Fomentar estas conexións pode ser moi interesante para que perduren as formas de vida tradicionais e poder introducir a modernidade, e con isto refírome a internet ou outras formas de ver a mundo que sen dúbida pode aportar a poboación nova.
O que parece claro é que pouca xente ten interese nas actividades económicas que poda xerar o medio rural. Uns queren vivir tranquilos nun ambiente idílico, e outros xa están maiores para traballar. Sen dúbida, esta non pode ser a mentalidade e non podes centrar o teu futuro no sector turístico en época estival.